Lete reclama ao Consello Superior de Deportes un plan para a igualdade e a inclusión máis flexible e destaca o traballo feito por Galicia na Conferencia Sectorial do Deporte

O obxectivo perseguido polo plan do CSD é a igualdade de xénero e a inclusión de persoas con discapacidade dende os eixes da promoción, formación e sensibilización

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe de xeito virtual na Conferencia Sectorial do Deporte convocada polo Consello Superior de Deportes (CSD) e que tratou a aprobación do proxecto de fomento da Igualdade no sector deportivo. O obxectivo perseguido polo devandito plan é a igualdade de xénero e a inclusión de persoas con discapacidade dende os eixos da promoción, formación e sensibilización.

O responsable da carteira autonómica de Deporte solicitou maior flexibilidade para a adquisición de material inventariable para a inclusión e apuntou á importancia de facilitarlles bolsas a deportistas e equipos que participan en competicións internacionais por ser referentes motivacionais de renome para a poboación máis nova. Deste xeito, a igualdade e a inclusión no deporte e na sociedade en xeral serán máis fáciles de acadar e tamén se cumprirá co fito marcado de chegar ao 7% dos centros educativos non universitarios de Galicia.

Lete Lasa destacou o gran traballo que leva facendo a Xunta de Galicia no deporte en prol da igualdade de xénero, coa campaña NON ou co Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de Primeiro Máximo Nivel Estatal de Galicia; e da inclusión, como demostran os resultados dos últimos Xogos Paralímpicos de Tokio nos que o 87,5% dos deportistas galegos regresaron entre os oito primeiros.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/07/2022