A Xunta participa na presentación do XXXIII Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

A celebración foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021

Á súa presentación acudiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

O acontecemento terá lugar os días 15,16 e 17 deste mes
 

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2022

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do XXXIII Gran Prix Carrilanas Esteiro, xunto á alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, e o presidente da ADC Carrilanas de Esteiro, David Fernández. Este evento foi declarado Festa de Interese Turístico Nacional no ano 2021.

Durante a súa presentación, Castro salientou a importancia do evento, tildándoo de acontecemento de referencia do verán de Galicia, que provoca que se conte por miles as persoas que se dan cita en cada edición para gozar deste evento que xa é tradición no lugar.

Grazas a festas como esta, Galicia convértese nun faro de cultura e tradicións, permitíndonos fomentar a diseminar a chegada de turistas a nosa comunidade a través de todo o territorio, o que fomenta o descubrimento das marabillas que se esconden na nosa terra, axudando a desenvolver o tecido empresarial, especialmente no ámbito rural” indicou a directora de Turismo de Galicia.

No marco do evento actuarán Xoel López, Ortiga, Heredeiros da Crus, SÉS, e A banda da Loba, entre outros.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/07/2022