O vicepresidente segundo da Xunta reúnese co presidente do Tribunal Superior de Xustiza

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, mantivo esta mañá unha xuntanza co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez y Díaz-Castroverde, co obxectivo de avanzar nas liñas de traballo conxunto entre ambas institucións.

Entre elas figura o próximo xuízo polo accidente do Alvia, para o que se comprometeu a máxima colaboración, así como a disposición dos recursos humanos e materiais precisos para garantir o mellor desenvolvemento.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/07/2022