Rosa Quintana enxalza o esforzo do Club Náutico de Portonovo para manter a excelencia e a calidade dos seus servizos

Sanxenxo (Pontevedra), 29 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, salientou hoxe o traballo constante do Club Náutico de Portonovo para manter a excelencia dos servizos que ofrece para a práctica das actividades de lecer. Un labor que lle permitiu izar un ano máis as bandeiras Azul –que certifica a calidade ambiental– e Q de Calidade Turística –que recoñece a mellora dos servizos que se prestan aos turistas– e situarse entre os portos deportivos máis importantes de Galicia.

 

A titular de Mar destacou o feito de que Galicia sexa a comunidade con máis bandeiras Q  de Calidade nas instalacións náutico-deportivas, cun total de 15 distintivos, e a terceira máis galardoada de España en número de areais e portos deportivos con Bandeiras Azuis (en total, 123 recoñecementos). Así mesmo, Rosa Quintana subliñou que estes distintivos son unha mostra do compromiso de Galicia co turismo responsable e sostible.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 29/07/2022