O presidente da Xunta recibiu na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela os chefs participantes na cita solidaria ‘Estrelas no Camiño’

Rueda enxalza o vencello entre os valores solidarios do Xacobeo e a gastronomía do Camiño

A recadación do evento vai destinada este ano á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2022 O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe os vencellos dos valores solidarios do Xacobeo cos da gastronomía do Camiño de Santiago.

 

A titular do Executivo galego puxo en valor estes vínculos tras recibir, na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, os e as chefs participantes na cita ‘Estrelas no Camiño’, evento solidario impulsado por Casa Barqueiro de Negreira que reúne a cociñeiros que nesta edición suman 69 estrelas Michelin, dos cales 8 son galegos.

 

Os beneficios desta acción serán entregados á Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, entidade sen ánimo de lucro que ten a finalidade de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por estas doenzas, así como a dos seus familiares e coidadores.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/08/2022