Trenor destaca o labor dos centros especiais de emprego como impulsores do traballo inclusivo

A Coruña,  4 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, recibiu, esta mañá, aos representantes da Asociación para a promoción de actividades de integración socio laboral (Aspais),

 

Trenor destacou que é clave potenciar os centros especiais de emprego para favorecer a situación sociolaboral das persoas con discapacidade e incrementar as súas oportunidades. Neste sentido,  comprometeuse a manter a colaboración con estas entidades e aplaudiu a súa consolidación como mecanismos que incrementan as posibilidades de empregabilidade do colectivo, en especial de quen se atopa na busca de traballo.

 

Os centros especiais de emprego, tal e como subliñou o delegado, “son verdadeiros axentes activos na promoción da cultura da integración. De feito brindan aos traballadores con discapacidade a posibilidade de desempeñar un traballo produtivo e remunerado, adecuado ás súas características persoais e que facilite a súa consolidación”.

 

O apoio ao emprego das persoas con discapacidade forma parte do Plan Emprega Discapacidade -Exclusión Social ao que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina só este ano 40 millóns de euros para mellorar a formación e a situación laboral deste colectivo.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/08/2022