Trenor clausura o obradoiro de Emprego de Boqueixón, Vedra e Teo e destaca que seus alumnos están formados en áreas con alta demanda laboral
O delegado da Xunta informou que na área de Santiago o Goberno galego financiará 8 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 4M€
O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as demandas reais das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou, esta mañá, na clausura do obradoiro de emprego para menores de 30 anos Empregateapp que se celebrou compartido con Vedra, Boqueixón e Teo e que estivo centrado en Programación con Linguaxes Orientados a Obxectos e Bases de Datos Relacionais. Este taller contou cun apoio da Xunta de 369.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
No acto estivo acompañado polos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández, e Vedra, Carlos Martínez e por membros da corporación de Teo.
Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque, ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.
O representante do Goberno autonómico destacou o compromiso do concello de Teo coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan.
O delegado da Xunta apuntou que “a convocatoria deste ano inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros dos 9 aos 12 meses meses” Teñen preferencia, como en pasadas edicións, os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
Trenor destacou que na comarca de Santiago a Xunta financiará na convocatória 2002-2023 outros oito obradoiros de emprego nos concellos de Ordes, Santiago, Trazo, Padrón, Santa Comba, Melide e na mancomunidade de Ordes, grazas a un investimento que supera o 4 millóns de euros.
O delegado da Xunta rematou apuntando que na actualidade, “o Goberno galego está a tramitar unha partida adicional de 10M€ para poder chegar a máis beneficiarios, o que permitirá, cun orzamento global de 50,8 millóns de euros, que unhas 2.000 persoas sen emprego poidan formarse e acceder a un contrato laboral a través de máis dun cento de talleres en toda Galicia”.
ENTIDADE | PROXECTO | ALUMNOS SOLICITADO | Nº CONCELLOS | OUTRAS ENTIDADES | ORZAMENTO TOTAL SUB | ||||||
ORDES | BRAÑAS DO ILLÓ - RÍO SAMO V | 20 | 3 | FRADES, MESÍA | 503.987,00 € | ||||||
SANTIAGO DE COMPOSTELA | INNOBOSQUE | 20 | 1 | 503.987,00 € | |||||||
AMES | RENOVA V | 20 | 2 | BRIÓN | 503.987,00 € | ||||||
MANCOMUNIDADE VOLUNTARIA DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE ORDES | MANCOMUNIDADE ORDES II | 20 | 7 | ORDES, OROSO, TORDOIA, TRAZO, FRADES, MESÍA, CERCEDA | 503.987,00 € | ||||||
TRAZO | OBRADOIRO DE EMPREGO TRAZO-TORDOIA-CERCEDA | 20 | 3 | TORDOIA, CERCEDA | 503.987,00 € | ||||||
PADRÓN | COMARCA DO SAR 2022 | 20 | 3 | ROIS, DODRO | 503.987,00 € | ||||||
SANTA COMBA | REACCIONA | 20 | 4 | A BAÑA, VAL DO DUBRA, NEGREIRA | 503.987,00 € | ||||||
MELIDE | MELIDE-ARZÚA-SANTISO-TOQUES:"NATUREZA NO CAMIÑO DE SANTIAGO" | 20 | 4 | ARZÚA, SANTISO, TOQUES | 503.987,00 € | ||||||
TOTAL COMARCA SANTIAGO | 160 | 27 | 4.031.896 € |