A Xunta destaca en Marín o papel do comercio de proximidade na dinamización das vilas e cidades galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá a feira Stock Marín, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín co apoio da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

Marín (Pontevedra), 5 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou esta mañá no acto de inauguración da terceira edición deStock Marín, que se desenvolve durante esta fin de semana na alameda do municipio pontevedrés, organizada polo Centro Comercial Aberto Estrela de Marín co apoio da Xunta de Galicia.

 

Durante a súa visita, o director xeral destacou o papel do comercio de proximidade na dinamización económica e social das vilas e cidades galegas. Do mesmo xeito, resaltou o papel que desenvolven os centros comerciais abertos e as federacións de comerciantes no impulso ao sector, coas que a a Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación mantén unha liña constante de colaboración.

 

Neste sentido, ven de pecharse o prazo para a solicitude do programa de axudas por valor de 2,75 millóns de euros en apoio ás accións que as federacións de comerciantes realizan para a promoción e dinamización comercial, unha liña que por primeira vez é exclusiva para os centros comerciais abertos.

 

A feira Stock Marín conta con 22 postos comerciais pertencentes a diferentes sectores nos que empresarios locais ofrecen o seu stock con descontos. Ademais, todas as compras terán dereito a un agasallo mostrando os xustificantes de compra no posto de Estrela de Marín. O horario de apertura da feira é de 11 a 14 horas e de 18 a 22 horas, sendo a entrada libre e de balde. Ademais, como actividade dinamizadora desta edición, o domingo  haberá pases de maxia.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/08/2022