A Xunta pon en valor o traballo dos educadores sociais contra a exclusión

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2022

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, mantivo unha xuntanza con representantes do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG). Nela puxo en valor a tarefa do CEESG representando a todos os educadores sociais da nosa comunidade, que traballan día a día para detectar e evitar calquera situación de exclusión social.

 

Durante a xuntanza, abordaron as posibles medidas de actuación no ámbito dos servizos sociais, xunto con propostas para mellorar a coordinación entre os servizos sociais comunitarios e especializados. Neste sentido, subliñou a vontade da Administración autonómica de escoitar sempre as súas inquedanzas, co constante obxectivo de poder incrementar e facilitar a atención das necesidades de todos os galegos.

Data de actualización: 07/08/2022