A Xunta enxalza a calidade do mexillón das rías galegas na XI festa deste molusco en Rianxo

Compartir
  • whatsapp

Rianxo (A Coruña), 7 de agosto de 2022 A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, asistiu hoxe á celebración da XI Festa do Mexillón de Rianxo, unha cita gastronómica organizada pola Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo da localidade, en colaboración co Concello, que ten como obxectivo promocionar este exquisito produto das rías galegas e recadar fondos para o club.

De feito, este molusco constitúe o máximo expoñente da acuicultura na comunidade galega, ao supoñer máis do 95% do volume produción total. Así, o mexillón da ría de Arousa ten un gran protagonismo xa que a súa produción nesta zona supuxo arredor do 65% das 251.000 toneladas descargadas en Galicia e a súa facturación máis do 60% da cifra global recadada (140 millóns de euros).

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 07/08/2022