Trenor clausura o obradoiro “Arteixo pola capacitación xuvenil 21-22” que ofreceu formación a 16 persoas sen emprego en revestimentos de construción

O delegado da Xunta informou que na comarca da Coruña o Goberno galego financiará 9 obradoiros de emprego na convocatoria 22-23 cun investimento que supera os 4,5 millóns de euros
 

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as necesidades das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta
 

Arteixo (A Coruña), 5 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, clausurou esta maña o obradoiro de emprego, para menores de 30 anos, de Revestimentos con Pastas e Morteiros na Construción que se desenvolveu en colaboración co Concello Arteixo. Este programa contou cun apoio da Xunta de 369.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

 

Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, compleméntase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.

 

O representante do Goberno galego destacou o compromiso do Concello de Arteixo coa empregabilidade porque leva anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afronta.

 

O delegado da Xunta lembrou que estas iniciativas mixtas de formación e emprego trátanse dunha actividade coa que o Goberno galego está incrementando as oportunidades laborais dos galegos, e que ten por obxecto mellorar a empregabilidade das persoas sen emprego mediante a realización de obras ou a prestación de servizos de interese xeral ou social que lles posibilite a realización dun traballo.

 

O representante do Goberno galego apuntou que “a convocatoria deste ano inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros dos 9 aos 12 meses meses”. Teñen preferencia, como en pasadas edicións, os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

 

Trenor destacou que na comarca de Coruña a Xunta financiará, na convocatoria 2022-2023, nove obradoiros de emprego nos concellos de Cambre, Arteixo, Oza-Cesuras, Betanzos, Miño, Curtis, Abegondo e Culleredo, grazas a un investimento que supera o 4,5 millóns de euros.

 

O delegado da Xunta rematou apuntando que na actualidade, “o Goberno galego está a tramitar unha partida adicional de 10M€ para poder chegar a máis beneficiarios, o que permitirá, cun orzamento global de 50,8 millóns de euros, que unhas 2.000 persoas sen emprego poidan formarse e acceder a un contrato laboral a través de máis dun cento de talleres en toda Galicia”.

 
 
ENTIDADE
PROXECTO
ALUMNOS SOLICITADO
Nº CONCELLOS
OUTRAS
ENTIDADES
ORZAMENTO TOTAL SUB
CAMBRE
PROXEDIS-CAMBRE
20
1
 
503.987,00 €
OLEIROS

OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO REALIZACIÓN DE MOBILIARIO URBANO E RESTAURACIÓN DE ZONAS VERDES MUNICIPAIS 2

20
1
 
503.987,00 €
ARTEIXO

OBRADOIRO DE EMPREGO ARTEIXO-A LARACHA POLO EMPREGO IV

20
2
A LARACHA
503.987,00 €
OZA-CESURAS

OBRADOIRO DE EMPREGO REACTIVA I OZA-CESURAS, COIROS E MESÍA

20
3
COIRÓS, MESÍA
 
503.987,00 €
BETANZOS
EMPREGABILIDADE NA DEPENDENCIA
20
5
ABEGONDO, CARRAL, COIRÓS, PADERNE
 
 
503.987,00 €
MIÑO
ARTABROEMPRENDE III
20
5

PADERNE, PONTEDEUME, MONFERO, CABANAS

 
503.987,00 €
CURTIS
TERRAS DA MONTAÑA IV
20
3
SOBRADO, VILASANTAR
 
503.987,00 €
ABEGONDO

RESERVA DE BIOSFERA: EMPREGO VERDE II

20
8

BERGONDO, BETANZOS, CARRAL, COIRÓS, OZA-CESURAS, PADERNE,

SADA
 
 
 
 
503.987,00 €
CULLEREDO
CULLEREDO ACTIVO
20
2
A CORUÑA
503.987,00 €

TOTAL COMARCA A CORUÑA

 
180
30
 
4.535.883 €

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 05/08/2022