A Xunta solicita como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo en Boiro, parroquia de Cures

A situación operativa neste incendio -que rolda as 350 hectáreas provisionais- decrétase pola proximidade do lume ao núcleo de Piñeiro

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar -como medida preventiva- a Situación 2 no incendio forestal activo no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Piñeiro.

 

Este incendio iniciouse ás 16,12 h. de onte e rolda as 350 hectáreas afectadas de xeito provisional. Ata o momento mobilizáronse para controlalo 3 técnicos, 25 axentes, 40 brigadas, 25 motobombas, 4 pas, 1 unidade técnica de apoio, 12 avións e 7 helicópteros.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 05/08/2022