A Xunta reitera o seu apoio ao mercado medieval de Mondoñedo na celebración da súa trixésima edición

Compartir
  • whatsapp

Lugo, 10 de agosto de 2022. A Xunta de Galicia renovou un ano máis o seu apoio ao Mercado medieval de Mondoñedo, que cumpre a súa trixésima edición. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e representantes do concello presentaron na Delegación Territorial o programa da festa, que se celebrará entre os días 12 e 14 de agosto.

 

O mercado mindoniense sumará un centenar de postos e preto de 80 actividades para público de todas as idades. Ofrece demostracións e venda de artesanía, como encaixes, cantería, coiro ou cerámica; ao longo da fin de semana tamén se poderá desfrutar de concertos, desfiles, actuacións de recreación histórica ou mesmo da degustación gratuíta de produtos gastronómicos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 10/08/2022