A Xunta solicita a declaración da situación 2 no incendio forestal activo no concello de Laza, parroquia de Camba

Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Taboazas, no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar a declaración da Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba. Esta situación operativa de emerxencia decrétase pola proximidade do lume ao núcleo das Taboazas, no concello lindeiro de Chandrexa de Queixa.

 

Este lume iniciouse ás 22,01 h. de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 740 hectáreas. No lugar levan traballado ata agora un total de 11 axentes, 15 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 2 avións e 3 helicópteros.

 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 10/08/2022