A Xunta ofrece servizos especiais de autobús durante o festival Rock in Cambre ata A Coruña

Habilitarase dúas liñas de madrugada os días 13 e 14 de agosto, desde Cambre Pobo ata Entrexardíns
 

O primeiro día haberá saídas ás 3:00h e ás 3:45h, e o segundo, ás 4:00 e ás 4:45h
 

Os menores de 21 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar gratis, e os demais usuarios dos autobuses públicos da Xunta terán descontos coa tarxeta de transporte metropolitano
 

A Xunta quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público para reducir os riscos da condución nocturna e que se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico
 

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2022 A Xunta ofrecerá servizos especiais de autobús durante o festival Rock in Cambre ata A Coruña.

 

Habilitarase dúas liñas de madrugada os días 13 e 14 de agosto, desde Cambre Pobo ata Entrexardíns. O primeiro día haberá saídas ás 3:00h e ás 3:45h, e o segundo, ás 4:00 e ás 4:45h.

 

O servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Cambre Pobo, Amil, A Barcala, Hotel A Marisqueira, Rúa Muíños, O Paraugas, O Temple, Ponte de O Burgo, Paseo Marítimo (Haley), Avenida Xoán Carlos I, Xardín Botánico, Cruce Cordeda, Portazgo, Palavea Alcampo, Alfonso Molina Coca-Cola, Alfonso Molina Zapateira, Alfonso Molina Elviña, Alfonso Molina (Carrefour), Avenida Alfonso Molina, Costa Palloza 4/5, Praza de Ourense e Entrexardíns.

 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, e se aminore o impacto medioambiental e sobre o tráfico.

Data de actualización: 11/08/2022