Nava Castro participa na apertura da Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa

A celebración, que este ano chega á súa XXVIII edición, desenvolverase ata o vindeiro domingo
 

Esta festa foi declarada de interese turístico galego no ano 2014
 

Compartir
  • whatsapp

Vilanova de Arousa, 11 de agosto de 2022 A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na apertura da Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa, celebración que conta co soporte da Xunta de Galicia para a súa promoción.

O apoio a esta celebración gastronómica enmárcase no traballo do Goberno galego por impulsar os recursos diferenciadores de Galicia, entre os que resalta especialmente a enogastronomía. Con esa intención, desde Turismo de Galicia están a poñerse en marcha iniciativas para incentivar a conservación da tradición culinaria galega para poñela en valor, para difundila e internacionalizala como a carta de presentación de Galicia.

A gastronomía, de feito, é o segundo motivo polo que os visitantes acoden a Galicia, atraídos por unha calidade que se traduce en que, na actualidade, na Comunidade galega haxa 15 restaurantes que locen o recoñecemento de Estrela Michelin, 33 restaurantes recoñecidos con soles Repsol, e 278 establecementos e servizos turísticos co Q de calidade turístico.

O encontro gastronómico reúne ano a ano a visitantes atraídos por produtos autóctonos como os mexillón e os berberechos. A celebración data de 1994 e a súa singularidade vén determinada porque o mexillón e o berberecho son dous produtos que constitúen a base da industria local e parte da súa historia a través das conserveiras. De aí tamén o seu arraigamento popular e a participación dos veciños, que dan a coñecer o seu traballo e a gastronomía local a todos os visitantes.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 11/08/2022