A Xunta destaca a necesidade de primar a calidade, a singularidade e a diferenciación no eido vitivinícola para asegurarse un futuro prometedor

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou na inauguración da adega Terras do Abelán, inscrita na denominación de orixe Rías Baixas

A Cañiza (Pontevedra), 12 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participou esta mañá na inauguración da adega Terras do Abelán, sita no municipio pontevedrés da Cañiza e inscrita na denominación de orixe Rías Baixas. Alí destacou a necesidade de primar a calidade, a singularidade e a diferenciación no sector vitivinícola para asegurarse un futuro prometedor e rendible e ser capaces de competir con outras propostas do mercado.

 

Así, José Balseiros indicou que é fundamental apostar polas variedades autóctonas, pola recuperación de zonas históricas de viñedo e por realizar novas plantacións. Nesa liña, enxalzou os polígonos agroforestais que se están desenvolvendo a través da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, entre outras figuras de posta en valor.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/08/2022