A Xunta aumenta un 23% o convenio con EAPN-Galicia para facer fronte á pobreza e á exclusión social ata chegar aos 65.000€

O convenio recolle entre os seus obxectivos a creación de grupos de traballo, a organización e participación activa en foros sociais e políticos, así como facilitar o intercambio de información entre entidades para mellorar a atención ás persoas máis vulnerables

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

  A Consellería de Política Social e Xuventude aumenta en preto dun 23% o seu convenio de colaboración coa Rede Galega contra a Pobreza (EAPN). O acordo acada os 65.000 euros para que a entidade poida desenvolver medidas que repercutan directamente na poboación máis vulnerable e que se encontra nunha situación de exclusión social.

 

Entre os seus obxectivos o convenio recolle a creación de grupos de traballo, a organización e participación activa en foros sociais e políticos, o incremento da participación democrática dos galegos e galegas en risco de pobreza ou accións para facilitar o intercambio de información entre entidades. Tamén procura corresponsabilizar aos axentes clave para evitar situacións de vulnerabilidade, sobre todo ás Administracións públicas e empresas, e sensibilizar á sociedade.

 

Este acordo enmárcase na liña de traballo que fixa a Consellería de Política Social e Xuventude para a atención das persoas máis vulnerables e en situacións precarias. Unha liña que se centra na colaboración e a coordinación da Xunta de Galicia coas entidades sociais co fin de poñer en marcha políticas efectivas.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/08/2022