Nava Castro participa na Gala da Lamprea de Arbo

A festa da lamprea, declarada festa de interese turístico nacional, aspira a converterse tamén en festa de interese turístico internacional

Arbo (Pontevedra), 12 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe en Arbo, Pontevedra, á Gala da Lamprea, acontecemento enmarcado na Festa da Lamprea, declarada de interese turístico nacional que aspira a converterse tamén en celebración de interese turístico internacional.

Durante a súa intervención, a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé na historia e na importancia desta festividade que pon en valor un produto senlleiro cun gran compoñente tradicional en canto ás técnicas de pesca e artes de captura e que conquistou padais tan senlleiros en Galicia como os de Álvaro Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.

 

Nava Castro tamén felicitou aos organizadores e aos representantes municipais de Arbo polo labor de promoción deste produto tan exclusivo e o mundo que xira ao seu arredor que obtivo resultados tan satisfactorios como a declaración de festa de interese turístico internacional no ano 2016.

 

Arbo sitúase tamén na Ruta da Lamprea do Baixo Miño, un itinerario turístico desenvolvido por Turismo de Galicia en colaboración cos municipios galegos con tradición na pesca deste peixe e os seus servizos turísticos, que se espalla ao longo de 25 quilómetros ata Salvaterra de Miño e onde se pode gozar das tradicións desta pesquería e a gastronomía que xira ao seu redor.

Data de actualización: 12/08/2022