A Xunta pon de relevo a aposta da 34ª Feira do Moble da Estrada pola innovación dentro do eido forestal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal asistiu ao evento da localidade pontevedresa, que se prolongará deica o domingo

A Estrada (Pontevedra), 16 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, asistiu hoxe á 34ª Feira do Moble da Estrada, onde puxo de relevo a súa aposta pola innovación dentro do eido forestal. Destacando a importancia da industria forestal-madeira para a economía galega, afirmou que o sector do moble xoga un papel fundamental na dinamización do rural galego ao permitir a xeración de riqueza e creación de postos de traballo que, ao tempo, contribúen a fixar poboación.

O evento, que se recupera neste 2022 tras tres anos sen celebrarse, dará cabida deica o domingo non só á exposición e venda de mobles, senón tamén de complementos, artigos de decoración e outros servizos vinculados ao equipamento do fogar. Emprazado no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, conta este ano cun total de 50 expositores.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 16/09/2022