Miranda enxalza o traballo do Círculo Habanero da Devesa en Ribadeo como exemplo do labor pola memoria da emigración que axudou á modernización de Galicia

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2022 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe aos actos do centenario do Círculo Habanero Sociedad de Instrucción y Recreo a Devesa de Ribadeo, destacando o labor que desenvolve en prol da memoria da emigración que partiu dende esta localidade a Cuba a comezos do século XX e que axudou á modernización de Galicia coa posta en marcha de dúas escolas destinadas aos cativos deste municipio.

 

O secretario xeral participou, xunto ao presidente da entidade, Manuel Fernández Fra, na entrega das medallas conmemorativas aos 20 socios máis antigos do Círculo Habanero. Esta asociación foi fundada no ano 1921 e posúe na actualidade 150 socios, constituíndo toda unha institución na Mariña lucense. 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 17/09/2022