Fernández-Tapias participa na apertura do Simposium Urban Solutions que analiza en Vigo o futuro das cidades en torno a enerxía, a mobilidade e os servizos

A delegada territorial da Xunta destacou as xornadas como “unha oportunidade para redefinir un modelo produtivo que poña no centro á innovación, a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente”.

Vigo, 20 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu este martes a apertura do Simposium Urban Solutions que se celebrará en Vigo desde o 20 ao 22 de setembro. As xornadas analizarán o futuro das cidades en torno a enerxía, a mobilidade, a iluminación e infraestruturas e os servizos municipais.

 

“Vigo e Galicia están ante unha grande oportunidade para redefinir un modelo produtivo que poña no centro á innovación, a sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. Pero a transición enerxética só será xusta se é compatible co desenvolvemento industrial e a garantía de emprego, así como co benestar da cidadanía”, sinalou a representante autonómica durante a presentación do evento.

 

Fernández-Tapias estivo acompañada durante o acto celebrado no Círculo de Empresarios por Roberto Carlos González, director del Simposium; Nonito Aneiros, secretario do Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal), e Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/09/2022