Trenor participa na presentación da app “Agrela Smart Mobility” para compartir coche entre os empresarios do polígono de Agrela

A Coruña, 21 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta tarde na presentación da nova APP “Agrela Smart Mobility”, que contou cunha axuda económica da Xunta a través do Igape para a súa posta en marcha.

 

Trenor destacou a utilidade desta nova aplicación que permitirá aos asociados compartir vehículo para acceder ao parque empresarial o que permitirá importantes aforros económicos e de tempo, ademais de contribuír á mellora do medio ambiente. O delegado da Xunta felicitou á Asociación de Empresarios de Agrela por rexerse ao ditado dos seus asociados e por dar solucións ao que realmente preocupa os traballadores do polígono. Ademais, reiteroulle o apoio da Xunta de Galicia para calquera iniciativa que teñan interese en levar a cabo desde esta entidade.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 21/09/2022