A Xunta destaca o papel das universidades na promoción da igualdade efectiva nos eidos docente e investigador e entre o alumnado

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na entrega dos XIII Premios á introdución da perspectiva de xénero no eido da docencia e da investigación que concede a Universidade de Santiago de Compostela. López Abella puxo en valor a importancia de iniciativas consolidadas como esta -que vén de merecer o recoñecemento do European Institute for Gender Equality (EIGE)- como “mecanismos eficaces para promover a igualdade efectiva entre homes e mulleres mediante a incorporación da perspectiva de xénero á actividade universitaria”.

 

A colaboración entre entidades públicas e do eido privado é fundamental para a Xunta no traballo para a promoción da igualdade de oportunidades, un obxectivo no que a universidade funciona como verdadeiro catalizador de mensaxes para chegar ás xeracións máis novas e loitar contra a violencia de xénero

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/09/2022