A Xunta agradece á mocidade voluntaria do programa Xacobeando o seu labor na conservación do Camiño

Ferrol, 22 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou no centro cívico de Canido a exposición realizada polos mozos e mozas voluntarios europeos, que desde comezos de agosto participan no programa Xacobeando, realizando actuacións no Camiño Inglés ao seu paso por Ferrol e Neda. Durante o encontro, agradeceu aos participantes o seu labor na conservación das rutas do camiño e a recollida destas experiencias a través desta exposición.

 

O programa europeo Xacobeando, aprobado pola Axencia Executiva do Programa do Corpo Europeo de Solidariedade, permite reforzar a atención, promoción, sostibilidade e inclusión das rutas do camiño. Nel participan mozos e mozas de entre 18 e 30 anos procedentes de distintos países europeos como Letonia, Estonia, Portugal, Grecia, Lituania, Eslovaquia, Italia e España.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 22/09/2022