A Xunta cede ao concello de Lugo unha área no contorno do edificio administrativo para facilitar a urbanización da zona

Paralelamente, o Goberno galego solicita a concesión de dominio público sobre unha parte para seguir utilizando e asumindo o mantemento da explanada pavimentada

Lugo, 23 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia formalizou a cesión ao Concello de Lugo dunha superficie de 1727 metros cadrados no contorno do Edificio Administrativo, que comprenden a explanada fronte á fachada principal e o xardín lateral.

 

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asinaron hoxe a correspondente escritura pola que se cede e transmite este predio co obxectivo de facilitar a urbanización da zona.

 

Paralelamente, a Xunta xa solicitou ao Concello que, unha vez realizado este trámite, outorgue unha concesión de dominio público sobre 896 metros cadrados que corresponden ao solo pavimentado. Deste xeito, a Delegación Territorial seguiría facendo uso e asumindo o mantemento da explanada, onde se atopa a entrada principal da súa sede.

Data de actualización: 23/09/2022