A Xunta destina 2,5 M€ a financiar cinco obradoiros de emprego máis en Lugo tras aprobar unha ampliación de crédito

O delegado territorial, Javier Arias, explica que grazas a este incremento apróbanse os talleres promovidos individualmente por Monforte de Lemos e Sarria e os impulsados por Becerreá, O Páramo e A Pontenova asociados con outros concellos

Súmanse aos 16 obradoiros duais que xa foran concedidos dentro da convocatoria deste ano e que están comezando a poñerse en marcha

Arias destaca que o Goberno galego aproba así todos os proxectos solicitados na provincia de Lugo, onde o 85% dos municipios se beneficiará en 2022 destes programas de formación e emprego

Lugo, 23 de setembrode 2022
Compartir
  • whatsapp

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdadedestina 2,5 millóns de euros a financiar cinco novos obradoiros duais de emprego na provincia de Lugo tras aprobar unha ampliación do crédito da convocatoria de 2022, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).


Así o anunciou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, quen explicou que grazas a este incremento concédense dous programas individuais – Restauración e arquivo dixital en Monforte de Lemos e Camiño de Santiago III en Sarria - e tres compartidos - Vía Künig IV, impulsado polo concello de Becerreá asociado con As Nogais e Baralla; Ponte de Areas VI, que comparte O Páramo con Guntín e O Corgo; así como Eo-Navia III, que promove A Pontenova coa Fonsagrada e Negueira de Muñiz -.


Cada iniciativa percibirá unha axuda autonómica de 503.987 euros e contará con 20 prazas para o alumnado, ademais das destinadas a persoal de dirección, administración e docentes.


Deste xeito a Xunta aproba todas as solicitudes presentadas na provincia de Lugo”, subliñou Arias, quen lembrou que na primeira fase, resolta no mes de xullo, xa foran concedidos 16 obradoiros cun investimento de 8,2 M€.


Finalmente a provincia contará con 21 novos talleres que suman 10,7 millóns de euros e benefician a 57 concellos, polo que o 85% dos municipios lucenses terá este ano un obradoiro dual financiado polo Goberno galego”, apuntou.


Afirmou que a súa posta en marcha suporá a contratación de 420 persoas desempregadas que recibirán formación durante un ano, xa que unha das principais novidades nestaedición é quea duración da actividade aumenta dos 9 aos 12 meses.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/09/2022