Miranda felicita á Casa de Galicia das Palmas de Gran Canaria polas súas iniciativas solidarias

O secretario xeral da Emigración rematou nesta illa coa rolda de visitas ás entidades galegas nesta comunidade autónoma onde puido comprobar as obras realizadas trala reinauguración posterior ao incendio que sufriu este centro

Palmas de Gran Canaria, 25 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

  O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou na Casa de Galicia das Palmas de Gran Canaria a rolda de visitas que realizou estes días ás entidades galegas situadas nesta comunidade autónoma. Nesta entidade puido comprobar as reformas realizadas nos últimos meses para seguir a recuperar o edificio plenamente.

 

Tamén aproveitou o seu paso por este centro para agradecerlles pola súa labor de difusión e promoción da cultura e lingua galega, así como a súa labor solidaria, que permite apoiar a numerosas familias con diferentes tipos de necesidades.

 

Deste xeito, cabe destacar a campaña benéfica de recollida de xoguetes na época do Nadal para as familias máis desfavorecidas da illa que se ven realizando dende fai anos e que supón unha media de recollida de máis de 14.000 xoguetes ao ano.

 

A Casa de Galicia das Palmas de Gran Canaria cunha escola de gaita e percusión e unha revista propia baixo o nome “Aturuxo”. Ademais, esta entidade iniciará en breve un obradoiro de cociña galega presencial.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/09/2022