A Xunta inicia o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

As obras, cun investimento de máis de 22.000 €, teñen como fin mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11

Executarase unha nova rede de pluviais para a recollida das augas que, mediante un colector, serán conducidas ata a rede de drenaxe na zona adxacente aos pasos

Arranxarase o firme no interior destes dous pasos, evitando a acumulación da auga, ademais de mellorar a circulación dos vehículos

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta comezou as obras para o acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro.

Os traballos, cun investimento de máis de 22.000 euros, teñen como fin mellorar a drenaxe nos dous pasos inferiores que se atopan nos puntos quilométricos 0+640 e 1+280 da autovía AG-11.

Executarase unha nova rede de pluviais para a recollida das augas que, mediante un colector, serán conducidas ata a rede de drenaxe na zona adxacente aos pasos.

Nesta obra, inclúese tamén a reparación e regularización do firme no interior dos dous pasos inferiores. Deste modo, evitarase que se acumule a auga no interior dos pasos, ademais de mellorar a circulación dos vehículos.

Ademais ao firme daráselle pendente cara á canle colocada á saída do paso. Realizarase o fresado duns 4 centímetros de capa de firme e regularizarase e estenderase unha capa de rodaxe de mestura bituminosa en quente.

A Xunta continúa mellorando a rede viaria autonómica e reforzando a seguridade viaria.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 26/09/2022