O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe na presentación do Canal prioritario da Axenda Española de Protección de Datos (AEPD)

Política Social destaca a importancia de protexer os dereitos dos menores tamén no ámbito dixital

A Xunta avogar por seguir traballando na formación para desfrutar dun uso saudable e seguro das redes sociais

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022.-
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, destacou hoxe a importancia de protexer os dereitos dixitais dos menores e promover un bo uso de internet e das redes sociais. Díxoo na presentación do canal prioritario da Axenda Española de Protección de Datos (AEPD), unha vía rápida e gratuíta para denunciar a publicación en internet de contidos sexuais ou violentos sen permiso das persoas que aparecen neles.

 

Jacobo Rey sinalou que “internet é unha oportunidade pero tamén hai que advertir dos riscos que supón se non se fai un uso adecuado da rede”. Neste sentido, avogou por seguir traballando no respecto á vida privada das nenas, nenos e adolescentes, así como na educación dixital para desfrutar dun uso saudable e seguro das redes sociais.

 

O director xeral de Familia agradeceu o compromiso da AEPD coa infancia, xa que este tipo de iniciativas contribúen a seguir avanzando nos dereitos de protección da infancia tamén no ámbito dixital. Nesta liña, AEPD traballa co Unicef nunha nova campaña dirixida aos pais para informalos das cuestións básicas que deben ter en conta antes de dar aos seus fillos un teléfono móbil.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 26/09/2022