A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan a conferencia “Computación cuántica na industria”

Será impartida por Lois Orosa Nogueira, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia que lidera o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia

A xornada terá lugar o vindeiro día 6 de outubro ás 12:30 no Centro GaiásTech na Cidade da Cultura

O evento está dirixido tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e por suposto á cidadanía en xeral e ás administracións públicas

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) organizan no mes de outubro a conferencia “Computación cuántica na industria”, que forma parte do programa de transferencia de coñecemento sobre novas tendencias tecnolóxicas do convenio asinado ente ambas entidades.

 

A charla terá lugar o próximo 6 de outubro ás 12:30 h. no GaiásTech na Cidade da Cultura e será impartida polo Director Xerente do Centro de Supercomputación de Galicia que lidera o Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia, Lois Orosa Nogueira.

 

A conferencia centrarase nos principios da computación e as comunicacións cuánticas, o estado da arte e as súas aplicacións principalmente na industria e noutros sectores como o sanitario, o financeiro ou das TIC.

 

Destinatarios e inscricións

A xornada está dirixidas tanto ao sector TIC como ao resto de sectores e, por suposto, á cidadanía en xeral e ás administracións públicas

 

As confirmacións de inscrición realizaranse por rigorosa orde de chegada ata completar aforo. O acto é de carácter presencial con aforo limitado e realizarase tamén retransmisión vía streaming.  A inscrición debe realizarse a través da seguinte ligazón:

 

Servizo de asesoramento a concellos

Esta conferencia nace como unha iniciativa da Oficina Concellos xestionada pola AETG no marco do convenio firmado coa Axencia autonómica.

 

A Oficina Concellos ofrece un servizo de asesoramento e soporte especializado sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. Calquera concello que precise de axuda neste ámbito pode chamar ao teléfono 981 91 35 76 en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h ou ben enviar a súa consulta ao enderezo de correo electrónico oficinaconcellos@aetg.gal

 

Data de actualización: 27/09/2022