A Xunta presenta a iniciativa “O Camiño en Familia. Pet Camiño” no marco do Día Mundial do Turismo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe a iniciativa no marco da conmemoración do Día Mundial do Turismo que este ano ten como lema “Repensando o turismo”
 

Participou na presentación que tivo en lugar no albergue de peregrinos Rectoral de Poulo, situado no Camiño Inglés, onde dará comezo esta experiencia pioneira en Galicia

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou hoxe a iniciativa “O Camiño en Familia. Pet Camiño”, no marco da conmemoración do Día Mundial do Turismo que este ano ten como lema “Repensando o turismo”.

 

Segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, “mediante esta iniciativa tentaremos incentivar o Camiño en familia, que os mais mozos se animen a camiñar en familia, con accións e iniciativas específicas”. Porase tamén en marcha o Pet Camiño, xa que tal e como indicou, cada vez hai máis peregrinos que queren facer o Camiño acompañados da súa mascota, polo que se implantará a posta en marcha dun proxecto de adaptación, que engloba atención veterinaria 24 horas e a Credencial Canina, entre outras actuacións.

 

A nova iniciativa adaptará inicialmente o Camiño Inglés, unha das dez rutas oficiais de peregrinación a Santiago de Compostela, ao turismo familiar, mediante a ampliación das infraestruturas públicas enfocadas ás familias e a adaptación de establecementos turísticos ás súas necesidades, o que fortalecerá o Camiño de Santiago como destino, tendo no horizonte a celebración dos próximos Anos Santos do 2027 e do 2032.

 

Nava Castro presentou esta pioneira iniciativa no Día Mundial do Turismo, “un sector tan crucial para a nosa economía, un sector cheo de retos que, entre todos, converteremos en oportunidades. Oportunidades como a que nos está brindando poder contar con este dobre Ano Xacobeo, no que estamos batendo todos os récords, tanto en chegada de turistas como de peregrinos.”, afirmou.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/09/2022