O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe o centro Castro Navás en Nigrán

A Xunta destaca o traballo da Fundación Menela para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA

Destina 1,8 millóns de euros a financiar 69 prazas residenciais e de día, así como diferentes programas de terapia ocupacional, de fomento da autonomía persoal ou de respiro familiar

Compartir
  • whatsapp

Nigrán (Pontevedra), 27 de setembro de 2022

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, valorou hoxe o traballo que realiza a Fundación Menela para mellorar a calidade de vida das persoas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) e dos seus familiares. Díxoo durante unha visita ao centro Castro Navás que esta entidade ten en Nigrán e que conta con 69 prazas financiadas pola Xunta: 55 residenciais e 14 de atención diúrna.

 

A Xunta achega 1,8 millóns de euros ao ano para sufragar estas prazas e para apoiar o desenvolvemento de programas de terapia ocupacional; de detección e atención temperá; de promoción da autonomía persoal e de respiro e apoio á conciliación da vida familiar, entre outros. Neste sentido, Fernando González Abeijón destacou a función do centro Castro Navás como un dos máis importantes da Fundación Menela, xa que ofrece unha atención especializada que facilita a plena inclusión.

 

O director xeral de Persoas con Discapacidade avogou por seguir traballando da man do tecido social para “facer unha Galicia cada vez máis accesible”. Así mesmo, apuntou que “é fundamental que a sociedade teña unha mellor comprensión do TEA para avanzar na integración”.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 27/09/2022