Trenor anuncia un investimento de máis de 90.000 euros para renovar o centro sociocomunitario da Coruña no barrio das Flores e recuperar todas as actividades

O delegado da Xunta visitou as instalacións deste espazo que no ano 2021 foi obxecto dunha importante reforma por preto de 51.000 euros entre traballos de pintura, iluminación led de todo o edificio e instalación de estores, entre outras actuacións
 

Trenor anunciou que, tras renunciar as adxudicatarias do salón de peiteado e da cafetería, é necesario levar a cabo obras de mellora nestes locais para poder prestar estes servicios en óptimas condicións

A Coruña, 29 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou, esta mañá, o centro sociocomunitario da cidade herculina, situado no barrio das Flores, para anunciar que a Administración autonómica renovará a cafetería e o salón de peiteado para adaptalos ás necesidades actuais antes de sacalos a licitación o vindeiro ano. Trenor recalcou que para o Goberno galego é moi importante o papel que xogan este tipo de centros na dinamización dos barrios, pero puntualizou que no caso da Coruña é necesario realizar estas obras para que os servizos que se prestan se ofrezan aos usuarios en óptimas condicións e para que las licitacións non queden desertas.

 

O representante do Goberno galego incidiu en que nestes momentos barallamos un investimento de presto de 90.000 euros para poder realizar as melloras necesarias que nos permitan sacar a licitación estes dous servicios o vindeiro ano tras renunciar as anteriores adxudicatarias. Ademais, lembrou que no ano 2021 o centro sociocomunitario de A Coruña foi obxecto dunha importante reforma, por importe de preto de 55.000 euros, entre traballos de pintura e iluminación led de todo o edificio, así como instalación de estores, entre outras actuacións.

 

Polo que respecta ao funcionamiento do centro, tras a recuperación da actividade no 2022, retomouse a programación habitual de cursos de pilates, ximnasia e pintura; e os talleres de informática, desenvolvemento persoal e ciclo vital e o de sáude e bienestar dirixidos ás persoas maiores. Trenor tamén lembrou que os usuarios teñen acceso durante todo o ano aos servizos de podoloxía e traballo social, así como acceso libre a biblioteca, aula de informática e sala de billar, e lectura diaria de prensa.

 
O delegado da Xunta agradeceu a todo o persoal do centro o seu traballo para ofrecer aos usuarios os mellores servizos.
 

O centro sociocomunitario da Coruña forma parte da rede de centros sociocomunitarios da consellería de Política Social e Xuventude, sendo 13 os existentes na provincia de A Coruña. Nove son independentes: A Coruña, Mera, Corcubión, Muros, A Pobra do Caramiñal, Santa Comba, As Pontes, Ferrol e Fene, e outros catro están integrados en residencias de maiores: Torrente Ballester, Ferrol, Porta do Camiño e Carballo.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 29/09/2022