O Sergas publica a relación definitiva das listas de selección temporal de diversas categorías de personal estatutario

Resultaron admitidos 5.747 aspirantes

A categoría con maior número de admitidos é a de lavandeiro, con 1.063 admitidos

A categoría con menor número de admitidos é a de calefactor, con 162 admitidos

O 25,64% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso

Só resultan excluídas o 2,60 % das solicitudes de participación

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de elaboración das listas de selección temporal de diversas categorías: calefactor, condutor, costureiro, electricista, fontaneiro, lavandeiro, mecánico, pasador de ferro, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información e telefonista.

 

Resultaron admitidos 5.747 aspirantes. A categoría con maior número de admitidos é a de lavandeiro, con 1.063 admitidos. A categoría con menor número de admitidos é a de calefactor, con 162 admitidos. O 25,64% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación do anterior proceso. Só resultan excluídas o 2,60 % das solicitudes de participación.

 

Na actualización das listas xa se inclúen as notas do exame da última oferta de emprego público realizada en Silleda no pasado mes de maio.

 

Atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

 

Está é a última publicación de listas de contratación temporal do ciclo con data límite de inscrición do 2 de novembro de 2021.

Departamento: C. de Sanidade
Data de actualización: 29/09/2022