Galicia é a terceira Comunidade Autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante

Cada galego debe 2.306 euros menos que a media autonómica

 

Galicia ten un diferencial positivo coa media de España de 7,2 puntos no segundo trimestre

 

Aínda que a ratio débeda/PIB subiu de marzo a xuño ata o 17,7%, Galicia é a cuarta comunidade de réxime común con menor endebedamento de toda España

 

A Xunta adiantou o programa de endebedamento nese trimestre para adiantarse ao previsible endurecemento das condicións de financiamento para final de ano
 

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022 Galicia é a 3ª comunidade autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante no segundo trimestre do ano,  segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España. A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.393 euros, fronte aos 6.699 euros da media española, co que cada galego debe hoxe 2.306 euros menos que a media autonómica.

Con estes datos, Galicia, co 17,7%, ten un diferencial positivo de débeda coa media de 7,2 puntos no segundo trimestre, xa que o conxunto das CC.AA. ten unha ratio débeda/PIB do 24,9%. Desta forma, o organismo regulador sitúa á Comunidade Autónoma galega como a cuarta de réxime común con menor endebedamento de toda España.

A ratio débeda/PIB subiu en Galicia en 0,4 puntos de marzo a xuño, do 17,4% ao 17,7%  debido a un adianto no programa de endebedamento da Xunta no segundo trimestre ante as expectativas dun endurecemento das condicións de financiamento para final de ano. O proceso de normalización das políticas monetarias, como consecuencia da intensificación e persistencia de elevadas taxas de inflación, está a encarecer o custo das novas emisións de débeda.

Volume de débeda

O Banco de España ratifica ademais que Galicia  é a comunidade autónoma que menos aumentou o seu endebedamento desde o ano 2009 o que permite que a comunidade estea agora nunha mellor posición financeira para responder ás esixencias económicas derivadas dos efectos negativos da pandemia e da crise da alza de prezos.


 
DÉBEDA POR HABITANTE
 
 
2ºT 2022
1
Canarias
2.866
2
Asturias
4.220
3
Galicia
4.393
4
Andalucía
4.393
5
Extremadura
4.835
6
Navarra
4.979
7
Madrid
5.106
8
La Rioja
5.214
9
País Vasco
5.234
10

Castilla y León

5.522
11
Cantabria
5.866
 
CC.AA.
6.699
12
Aragón
6.998
13
Baleares
7.463
14

Castilla-La Mancha

7.570
15
Murcia
7.610
16
Valencia
10.698
17
Cataluña
11.002
 
RATIO DE DÉBEDA/PIB POR CCAA
 
 
 
2ºT 2022
1
Madrid
14,1
2
Canarias
14,6
3
Navarra
15,0
4

País Vasco

15,1
5
Asturias
17,5
6
Galicia
17,7
7
La Rioja
17,9
8

Castilla y León

20,9
9
Andalucía
21,9
10
Aragón
23,0
11
Extremadura
23,2
12
Cantabria
23,5
 
CC.AA.
24,9
13
Baleares
30,1
14
Murcia
34,2
15

Castilla-La Mancha

34,6
16
Cataluña
35,0
17
Valencia
45,8
 
 
 
 
*CC.AA. de Réxime Foral

 

Data de actualización: 30/09/2022