O presidente da Xunta reuniuse coa embaixadora de Canadá en España, Wendy Drukier

Rueda traslada á embaixadora de Canadá a decidida intención da Xunta por avanzar nos intereses comúns no marco das boas relacións bilaterais

Trasladoulle o compromiso do Goberno galego cos acordos adoptados entre España e o país norteamericano para impulsar actuacións conxuntas no ámbito da pesca

Incidiu na necesidade de botar man do actual contexto internacional para apuntalar os intercambios comerciais entre Galicia e Canadá; sobre todo na pesca, pero tamén no téxtil, na madeira ou no aluminio e nas industrias manufactureiras

Compartir
  • whatsapp

Vigo, 4 de outubro de 2022 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladoulle hoxe á embaixadora de Canadá en España, Wendy Drukier, a intención do Goberno galego por avanzar nos intereses comúns no marco das boas relacións bilaterais.

O titular do Goberno galego e a responsable do departamento diplomático de Canadá en España mantiveron un encontro no Ifevi de Vigo con motivo da celebración da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados (Conxemar), un sector no que tanto Galicia como Canadá son líderes, de aí a presenza habitual das empresas canadenses no salón vigués.

Tendo en conta as boas relacións diplomáticas que manteñen Canadá e Galicia dende hai tempo, o presidente da Xunta manifestoulle a Wendy Drukier o compromiso do Goberno galego cos acordos adoptados entre España e o país norteamericano para impulsar actuacións no ámbito da pesca, pero tamén a necesidade de botar man do actual contexto internacional para apuntalar os intercambios comerciais entre Galicia e Canadá, sobre todo na pesca, pero tamén no téxtil, na madeira ou o aluminio e as industrias manufactureiras.

O ano pasado, 351 empresas galegas exportaron a Canadá, especialmente nos sectores da pesca, o téxtil, material eléctrico e madeira. Pola parte de Canadá, o 76% das súas exportacións ao territorio galego correspóndense cos combustibles e o aluminio.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/10/2022