Sanidade abre mañá a autocita para a vacinación da segunda dose de recordo da covid para a poboación diana en grandes recintos

Recoméndase a vacinación a todas as persoas de 60 a 79 que, por diferentes motivos, non foron vacinadas; a sanitarios sen vacinar, a poboación con patoloxías de risco, embarazadas e convivintes con inmunodeprimidos, entre outros

Poderase solicitar cita a través da páxina web ou da aplicación Sergas Móbil

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2022 A Consellería de Sanidade abrirá a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas coa segunda dose de reforzo da covid-19. Así, a partir de mañá venres, 11 de novembro, poderase xestionar a cita para a vacinación, que terá lugar en grandes recintos. A citación farase a partir do luns, 14 de novembro.

 

As persoas dos seguintes grupos de idade e coas características que se detallan de seguido, poderán reservar a súa cita tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móbil.

 

Recoméndase a vacinación coa dose de recordo aos seguintes grupos:

 

- Persoas de 60 a 79 anos que non puideron acudir a vacinarse.

- Sanitarios que non acudiron á cita ou que non foran citados.

- Persoas menores de 60 anos con enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respitarorias -incluindo displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma- .

- Persoas de entre 12 e 59 anos con patoloxías de risco.

- Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres que, despois de 6 meses do parto, non se vacinaran durante o embarazo.

- Convivintes con persoas de alto grado de inmunodepresión.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 10/11/2022