A Xunta recibe 15 emprendedoras que percorren o Camiño no marco do programa europeo ‘The Break’

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, recibiu hoxe en Santiago de Compostela un grupo de 15 mulleres dunha decena de nacionalidades, que están a percorrer o Camiño de Santiago, no marco do programa europeo The Break que promove o intercambio de experiencias de emprendemento feminino, impulsado pola Fundación Roberto Rivas.

Unha semana antes da conmemoración do Día internacional da muller emprendora, o próximo 19 de novembro, Ardao puxo en valor o impulso que desde a Xunta se está a dar ao emprendemento feminino, tanto a través dos polos que están a despregarse pola comunidade como puntos de referencia para a posta en marcha de ideas de negocio vencelladas co territorio, como a través de iniciativas específicas como o programa Emega, que permitiu a creación de 241 negocios e máis de 600 empregos.  

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 13/11/2022