A Xunta salienta en Ourense que a aplicación da responsabilidade social nas pemes é clave para o posicionamento empresarial

Compartir
  • whatsapp

Ourense, 24 de novembro de 2022 A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, destacou hoxe en Ourense que a aplicación da Responsabilidade Social Empresarial nas compañías supón reforzar a súa competitividade nun contexto de transformación no que prácticas como a xestión responsable das persoas, o desenvolvemento de condutas éticas nas cadeas de subministración ou a adaptación a unha economía baixa en carbono son claves para o posicionamiento empresarial.

 

No encontro Responsabilízate Ourense, estamos preparados para o novo escenario? sobre os retos ambientais, sociais e de gobernanza que enfrontan pequenas e grandes empresas, Mancha puxo en valor o programa Responsabilízate, no que están a participar na actualidade máis dun cento de empresas en toda Galicia co propósito de promover o benestar laboral e facer un tecido produtivo máis competitivo.

 

As firmas que completen todo o programa recibirán o Selo de Empresa Responsabilízate, un recoñecemento autonómico pola seu bo labor. Trátase dunha iniciativa coa que se ofrece asesoramento gratuíto ás pemes, facéndolles unha diagnose inicial para ver os puntos fortes da empresa e onde dirixir a súa estratexia RSE con formación e un plan de acción. Con Responsabilízate, a Xunta tamén acompaña ás participantes na implantación de medidas de RSE na súa primeira fase.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/11/2022