A residencia de maiores da Milagrosa, en Lugo, celebra hoxe o seu 42 aniversario

Compartir
  • whatsapp

Lugo, 24 de novembro de 2022 O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participaron hoxe nos actos de celebración do 42 aniversario da residencia de maiores da Milagrosa, en Lugo. O programa de actividades inclúe as actuacións do músico Davide Salgado e do mago Samuel Moreno,  así como xogos populares e propostas de realidade virtual, entre outras.

 

Arias lembrou que nos vindeiros meses a Xunta vai acometer unha intensa reforma do centro, á que destina un investimento de 800.000 euros, co obxectivo de adaptalo ao novo modelo residencial que ten como piares básicos a humanización e formación continuada, o aproveitamento da tecnoloxía, máis coordinación sociosanitaria e melloras estruturais. A Milagrosa conta con 54 prazas para residentes autónomos e un cadro de persoal de 31 traballadoras e traballadores.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/11/2022