Esta mañá, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, o delegado territorial da Xunta clausurou o proxecto EnRedes, no CPR Plurilingüe Santo Ángel de Ourense

Gabriel Alén subliña que poñer fin á violencia contra as mulleres é un obxectivo irrenunciable e prioritario

O delegado territorial destacou que a Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”

O proxecto EnRedes enmárcase -sinalou Gabriel Alén- dentro das actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, apoiadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia

Neste proxecto encabezado pola Federación de ANPAs de colexios privados e concertados de Ourense participaron máis de 400 alumnos e alumnas, impartíronse 8 charlas informativas e o manual didáctico foi remitido as ANPAs asociadas dos 12 centros educativos que imparten o ciclo da ESO

O delegado territorial participou tamén no acto de lectura da Declaración Institucional do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se desenvolveu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense, 25 de novembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá, coincidindo co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, ao acto de clausura do proxecto EnRedes, que se desenvolveu no CPR Plurilingüe Santo Ángel de Ourense, organizado pola Federación de Anpas de Colexios Privados e Concertados de Ourense e co apoio da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

O delegado territorial subliñou que datas como a de hoxe lémbrannos que poñer fin á violencia contra as mulleres e as súas fillas e fillos, así como aos seus familiares máis achegados, é un obxectivo irrenunciable e prioritario. A Xunta de Galicia, por medio do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, -continuou o delegado territorial- “segue na acción de loita contra este problema e quere animar a todas as galegas e galegos a tomar conciencia pública co único obxectivo de acadar unha sociedade libre de violencia”.

O proxecto EnRedes enmárcase -sinalou Gabriel Alén- dentro das actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, subvencionadas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociaciones de nais e pais do alumnado de centros educativos de Ourense.

Nesta edición participaron máis de 400 alumnos e alumnas de centros privados e concertados de Ourense, impartíronse 8 charlas informativas e o manual didáctico foi remitido as ANPAS asociadas dos 12 centros educativos que imparten o ciclo da ESO.

As actividades – explicou Gabriel Alén- alineáronse cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), e dirixíronse a alumnado de 1º ou 2º da ESO, a pais, nais, familias e equipos docentes para facilitar a sensibilización, información, coñecemento e reflexión sobre a violencia de xénero e sobre o uso adecuado da internet e as novas tecnoloxías, empregando unha perspectiva de xénero como fío condutor do proxecto e a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) para que o alumnado puxese os coñecementos adquiridos ao servizo da comunidade.

As accións didácticas desenvolvéronse de setembro a novembro dentro do horario lectivo dos centros educativos, e consistiron en obradoiros de actividades para traballar a igualdade e o emprego adecuado da internet e das novas tecnoloxías co alumnado, para os cales se elaboraron uns manuais con recursos didácticos e actividades que fomentaron o debate, a reflexión, o coñecemento a través do xogo, o videoforum e o traballo en equipo.

A participación do alumnado na elaboración dun podcast informativo que se distribuirán entre as familias, e que será a acción social do proxecto para previr a violencia de xénero e fomentar o uso adecuado da internet e redes sociais.

As familias son parte esencial no proceso educador, por iso forman parte deste proxecto, recibindo información en materia de Igualdade en formato podcast, que será difundida pola Federación de ANPAS.

Participación na lectura da Declaración Institucional do 25-N no CHUOU

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén participou tamén no acto de lectura da Declaración institucional do 25-N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, que se desenvolveu no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 25/11/2022