A Xunta adxudica por 50.000 € a redacción do proxecto para urbanizar a ampliación do polígono de Palas de Rei

A terceira fase do parque empresarial terá unha superficie de 39.926 metros cadrados

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia, a través da empresa pública Xestur, acaba de adxudicar o contrato para a redacción do proxecto de urbanización da ampliación do parque empresarial de Palas de Rei.

 

O contrato, adxudicado por un importe de 50.771,6 euros, corresponde á fase 3 do polígono lucense, ocupará unha superficie total de 39.926 metros cadrados, dos cales 16.708 metros cadrados se reservarán a parcelas.

 

O investimento previsto para o desenvolvemento desta nova ampliación ascende a preto de 1,5 millóns de euros. Neste sentido, cómpre subliñar que o parque empresarial de Palas de Rei dispón xa de dúas fases urbanizadas, cunha superficie total de máis de 73.000 metros cadrados.

Data de actualización: 26/11/2022