Rueda resalta a xestión de Galicia dos fondos europeos e insta ao Goberno central a axilizar o reparto para non perder unha oportunidade histórica
Amosa a súa preocupación polo retraso na chegada destes investimentos e alerta da incerteza que provoca na trintena de proxectos industriais “moi importantes” que están xa en tramitación
Contrapón a “lentitude” da xestión do Goberno central ca da Xunta, que xa ten executada a práctica totalidade dos 940 M€ recibidos, dos 1.300 asignados a Galicia
Santiago, 30 de novembro de 2022 O presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, enxalzou hoxe a xestión de Galicia dos fondos europeos Next Generation e instou agora ao Goberno central a axilizar o reparto dos mesmos para que a Comunidade galega non perda esta “enorme oportunidade histórica”.