A delegada da Xunta en Ferrol agradece a Emafesa a doazón dunha maqueta para a formación dos alumnos do FP Dual de Redes e tratamento de augas

Compartir
  • whatsapp

Ferrol, 1 de decembro de 2022

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no CIFP Ferrolterra na presentación dunha maqueta didáctica doada pola empresa Emafesa que simula os procesos de traballo a desenvolver polos técnicos de redes de distribución de augas. Trátase dunha ferramenta formativa da que a partir de agora disporán os alumnos do novo ciclo de FP Dual Redes e estacións de tratamento de auga que se imparte este curso no centro.

 

A representante do Goberno galego agradeceu á empresa mixta de augas de Ferrol e nomeadamente ao seu xerente, Alejandro Pisa, a implicación da empresa na formación profesional dual “clave do éxito desta modalidade formativa” da que destacou a súa elevada taxa de inserción laboral.

 

A maqueta didáctica foi elaborada no propio CIFP Ferrolterra baixo o deseño e supervisión de Emafesa que se implicou tanto no traballo de desenvolvemento do proxecto como no coste económico do mesmo.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/12/2022