A Xunta asiste á estrea da curtametraxe realizada polo centro ocupacional Afexdi na sala Numax de Santiago

Titúlase ‘Tivemos un pasado, temos presente e queremos futuro’ e proxéctase con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se conmemora este sábado

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, asistiu esta tarde á estrea da curtametraxe documental Tivemos un pasado, temos presente e queremos futuro creada polo centro ocupacional da Asociación para a Formación e Emprego de persoas con discapacidade (Afexdi) afincada na cidade.

O director xeral sinalou que o Goberno galego colabora co tecido social galego para dar visibilidade ás persoas con discapacidade e lograr erradicar todas as barreiras que existen na sociedade para desenvolver unha vida plena.

Neste documental, que se proxecta na sala Numax da cidade compostelá, reflexiona sobre o que significa ser unha persoa con discapacidade intelectual na nosa sociedade e coincide coa celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade este mesmo sábado.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 01/12/2022