Martina Aneiros pon en valor as 7 iniciativas do programa O Teu Xacobeo que mobilizaron case 100.000 euros nas comarcas de Ferrol e Eume

A delegada territorial da Xunta en Ferrol deu conta esta mañá do balance deste programa da Axencia de Turismo de Galicia que concedeu máis de 68.000 euros en axudas na zona

Nas tres edicións que se levan celebrado, investíronse algo máis de 9,5 M€ o que permitiu apoiar case 700 proxectos que chegaron a 220 concellos galegos mobilizando 17,5 M€

Compartir
  • whatsapp

Ferrol, 2 de decembro de 2022 A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, deu conta esta mañá do balance do programa O teu Xacobeo que mobilizou case 100.000 euros nas comarcas de Ferrol e Eume para estender a programación sociocultural do Ano Santo a toda Galicia. No acto estivo acompañada da comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, e das presidentas da asociación ASCM, Paula Gárate, e da Federación de Anpas Ferrol e comarca Concepción Arenal, Patricia Pérez, que deron conta da súas experiencias a través do seus respectivos proxectos.

 

Esta terceira edición do programa O teu Xacobeo, da Axencia de Turismo de Galicia, apoiou na zona un total de sete proxectos cun investimento de máis de 68.000 euros en axudas. Entre eles a elaboración dunha guía inclusiva do Camiño inglés en cadeira de rodas ou a celebración dun festival escolar entorno a este ruta xacobea, proxectos dos que se deu conta máis pormenorizadamente durante o acto desta mañá.

 

“O éxito do programa fixo que se celebraran tres edición en total, o que se traduciu nun investimento total de algo máis de 9,5M€ que permitiu apoiar case 700 proxectos que chegaron a 220 concellos galegos mobilizando 17,5 M€”, indicou a delegada territorial.

 

Martina Aneiros puxo en valor a contribución do programa á desestacionalización e descentralización da programación sociocultural nos últimos meses “con actos pequenos e moi diversos que destacaron a importancia do Xacobeo na sociedade galega e onde participaron xentes de todas as idades desde unha perspectiva multidisciplinar, facendo do Camiño de Santiago, e neste caso do noso Camiño inglés, o nexo de unión de varias xeracións”.

 

O programa O teu Xacobeo foi a maior convocatoria aberta de proxectos socioculturais da historia de Galicia e tivo como obxectivo implicar a todo tipo de colectivos e ao tecido social na difusión do Camiño desde unha perspectiva multidisciplinar, “un obxectivo que pode darse por cumprido”, puntualizou Aneiros.

 
 

DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS A PROXECTOS NOVOS DE DINAMIZACIÓN DO XACOBEO 21-22 DENTRO DO III PROGRAMA O TEU XACOBEO

 
Beneficiario
Concello
Proxecto

Importe subvencionado

Importe mobilizado

Club tenis de mesa Cidade de Narón

Narón
Campus de tecnificación Tenistas no Camiño
8.602 €
12.289,66 €
Asoc. cultural Lúas Cheas
Pontedeume

Rutas de sendeirismo e visitas guiadas Ponte no Camiño

12.483 €
17.833,20 €
Club de Prensa de Ferrol
Ferrol
Documental Ferrol e o Camiño Inglés
4.421 €
6.316,20 €
Asoc. cultural ASCM
Ferrol

SporTodxs II, proxecto de visibilización da inclusión e elaboración da guía O Camiño sobre rodas

10.500 €
15.000 €

Asoc. Centro de Iniciativas Turísticas Económicas e Sociais (CITES)

Ferrol

II edición Sabores Ilustrados en el Camino Inglés, rutas gastronómicas na contorna da ruta

11.662 €
16.660 €

Federación Anpas Ferrol e comarca Concepción Arenal

Ferrol
III Festival Escolar do Camiño Inglés
14.102 €
20.146,50 €
Asoc. Xeración
Ferrol

Eurolibrary, actividades culturales vinculada a la ruta xacobea

6.472 €
9.247 €
total
 
 

68.242 €

97.492,56 €

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 02/12/2022