A Xunta comprométese a fortalecer a alianza da gastronomía e do turismo de calidade en Galicia
Entre as medidas, Rueda salienta os máis de 30 M€ que se executarán entre 2022 e 2025 para actuacións no campo da enogastronomía e a posta en valor dos territorios vinícolas
Subliña o vencello da alta cociña co Camiño de Santiago na consecución das cifras récord de turistas deste ano, no que Galicia xa alcanzou seis millóns de visitantes
Poio (Pontevedra), 3 de decembro de 2022 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosou hoxe o compromiso da Xunta en continuar traballando por fortalecer a alianza da gastronomía e turismo de calidade en Galicia. Así o manifestou durante a visita que realizou en Poio ao restaurante Pepe Vieira, co gallo da consecución da segunda estrela Michelin.
Na consecución destas cifras considerou importante a contribución da gastronomía de calidade con “recoñecementos internacionais” como os que ten recibido o cociñeiro Xosé Cannas, do restaurante Pepe Vieira, ao que felicitou pola “moi merecida” segunda estrela Michelin. Precisamente, enxalzou os vencellos entre o Camiño de Santiago coa cociña de alta calidade como factor a ter en conta no incremento do número de visitantes a Galicia.