A Xunta visita Aspol como exemplo do compromiso do tecido empresarial galego por dar valor engadido aos seus produtos a través da innovación

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou en San Cibrao das Viñas as instalacións desta compañía referente no sector dos equipos de descanso

San Cibrao das Viñas, 9 de decembro de 2022
Compartir
  • whatsapp

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en San Cibrao das Viñas a empresa familiar Aspol, líder no sector nacional dos equipos de descanso. Conde explicou que se trata dun exemplo do compromiso do tecido empresarial por dar valor engadido aos seus produtos a través da tecnoloxía e a innovación, así como por xerar emprego e oportunidades desde Galicia.

 

Conde destacou o esforzo desta empresa familiar con 55 anos de historia por buscar o seu lugar no mercado a través da diferenciación que obtén cos seus produtos innovadores e as súas patentes exclusivas -a Aspol debémoslle, por exemplo, o primeiro modelo de canapé arcón abatible-.

 

O vicepresidente primeiro agradeceu a aposta de Aspol pola súa traxectoria consolidando o “feito en Galicia” a través do deseño e fabricación de colchóns, así como o seu papel na xeración de emprego no polígono de San Cibrao, onde conta con 150 empregados.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/12/2022