A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión co presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández
A Xunta ampliará en 5.000 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar que financia á Mancomunidade do Ribeiro
O obxectivo é que o ente supramunicipal poida continuar atendendo a aquelas persoas que se encontraban á espera do servizo
O Goberno galego destinará preto de 370.000 euros en máis de 30.000 horas de anuais de SAF
Leiro (Ourense), 23 de xaneiro de 2023 A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, mantivo unha reunión co presidente da Mancomunidade do Ribeiro, Francisco José Fernández, ao que lle comunicou que a Xunta ampliará en 5.000 as horas anuais do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) financiadas para atender a aquelas persoas dos concellos que forman parte do ente supramunicipal e están á espera do servizo.
Durante o encontro, mantido na Concello de Leiro, Fabiola García e Francisco José Fernández abordaron a necesidade de continuar mellorando a colaboración entre Administracións públicas para garantir servizos de proximidade aos municipios do rural, máis en concreto ás persoas maiores.
Neste sentido, o Goberno galego incrementará en 60.000 euros o financiamento do SAF da Mancomunidade de Leiro. Deste xeito, pon á disposición da agrupación local preto de 370.000 euros para máis de 30.000 horas anuais neste servizo e atender a case un centenar de veciños.